A

CHAVE

DE

CANNAS

 



Autor: Manuel Pena Rodríguez

A SEBE, A CANCELA, A PORTA E A FIESTRA.

Todos sabemos que existe unha grande diversidade de actividades humanas mutables e relacionadas cos procesos vitais que teñen lugar nos espazos que habitamos.

Pero...

Cal é o significado de habitar?

Habitar, en esencia, significa acoutar os procesos vitais nun espazo en nun tempo.

A diferentes escalas, e tendo en conta a traxectoria da accesibilidade, as actividades de grupo e as individuais na procura do sustento vital, son realizadas en lugares localizados no espazo e, por tanto, necesitan do desprazamento e da estancia.

desprazamento e a estancia transcorren no tempo e relacionan a mobilidade cos usos do espazo.

Este espazo pode ser apropiado e administrado, tanto polo individuo como polo grupo de xeito diverso, dando lugar ás diferentes categorías do mesmo.

Os seres humanos temos necesidades derivadas das funcións vitais e procuramos a satisfacción das mesmas a través das actividades que desenvolvemos no medio habitable.

Sementamos e colleitamos alimento na terra e no mar, transformamos a materia e comerciamos cos excedentes, procuramos vestido e habitación, socializamos con outros individuos ou entramos en conflicto con eles para procrear ou para compartir as tarefas, celebramos as crenzas e o lecer e formamos parte dos procesos da vida.

Podemos acceder e usar en común ou individualmente tanto os espazos como os bens, e estes poden ter xeralmente un dominio público ou un dominio privado.

O problema fundamental para establecer estas categorías é o procedemento empregado para obter o dominio público e o privado, que sempre deriva do grao de equilibrio entre o poder e o servizo e que, en definitiva, se manifesta no uso do ben ou do espazo.

O grupo de poder establecido, nacido do control ou da organización social na súa diversidade, tenta resolver os conflictos resultantes das necesidades nacidas do uso e mantemento dos bens e do espazo.

E algunhas veces, apelando á memoria e a creatividade, consegue compatibilizar e harmonizar os diversos intereses relacionados co deseño do entorno habitable e co uso adecuado dos recursos.

Esta toma de decisións é estratéxica e pasa por permitir que teñan cabida os usos e actividades  que configuren o valor do espazo para as funcións vitais, como lugar e como elemento dinamizador da vida en sociedade.


OS SENSORES E O COÑECEMENTO

Interactuamos co medio a través dos nosos sensores, que nos serven para recibir a información necesaria para realizar as nosas funcións vitais.

Creamos linguaxes tendo en conta estos sensores e facendo diferentes combinacións.

Vista(V), oido(A), olfacto(O), gusto(G) e tacto(T) son os nosos sensores, necesarios para crear linguaxes na diversidade.

C50>_____  (1)

C51>V,G,T,A,O  (5)

C52>VG,VT,VA,VO,GT,GA,GO,GV,TA,TO,TV,TG, AO,AV,AG,AT,OV,OG,OT,OA (10)

C53>VGT,VGA,VGO,VTA,VTO,VAO,GTA,GTO,GTV,GAO,GAV,GOV,TAO,TAV,TAG,TOV,TOG,

TVG, AOV,AOG,AOT,AVG,AVT,AGT  OVG,OVT,OVA,OGT,OGA,OTA(10)

C54>VGTA,VGTO,VGAO,VTAO,GTAO,GTAV,GTOV,GAOV,TAOV,TAOG,TAVG,TOVG

AOVG,AOVT,AVGT,AOGT,OVGT,OVGA,OVTA,OGTA (5)

C55>VGTAO (1)

NÚMERO TOTAL DE LINGUAXES DIFERENTES SEGÚN RECEPTORES ACTIVOS 32

Atendendo ao equilibrio na diversidade basado na compatibilidade a nivel humano, a optimización a nivel tecnolóxico e a harmonización a nivel habitable e tendo en mente o obxectivo de crear obras accesibles ou mensaxes intelixibles para todas as persoas, deberían proporse e aprender códigos funcionais ou receptivos de acordo con cada tipo de activación sensorial.

obra creada, como resposta a unha necesidade, é traída á existencia a través da composición reglada dos estímulos, elementos básicos de cada tipo de activación sensorial.

O estímulo vai manifiestarse plenamente co afinado da variación a través da enerxía ou a materia que o crea.

Deste modo, estaremos produciendo signos intelixibles e lograremos comunicarnos de forma eficaz e entendernos de maneira eficiente.

O “perceptorio” pode definirse como o espazo arquitectónico pensado para experimentar os diferentes tipos de sensaciones para a comunicación das ideas, o lugar para consumir o alimento da nosa mente manifestado a través dos procesos das funcións vitáis.

Funcións necesarias para a supervivencia do individuo e da especie, entendido como necesidade e satisfacción ou ben como desequilibrio e equilibrado do sistema.

https://www.blogger.com/blog/post/edit/7814504708271458835/5688559415241167587?hl=es

A experiencia  através dos sentidos é un camiño directo para adquirir o coñecemnto do complexo habitable que unha vez procesado permite que os seres humanos se relacionen entre sí ou fagan mudar o medio que habitan.

Como un arqueólogo excava nunha cadrícula para  atopar as referencias do paso do tempo, como un músico despedaza e compón as notas, como unha cociñeira combina ou descompón os sabores, como descubrimos a forma através do tacto ou coa vista e co olfacto obtemos a experiencia dos aromas.

Así é o ser humano e as súas funcións vitais.  

Vamos coñecer Cangas dende a materia (auga, terra, lume e aire)  e dende os sentidos

A materia coa que se crea Cangas.
Son catro espazos dun pentagrama.
A auga.
A beira do mar e o cauce dos ríos atraen ás xentes.
O sonido da auga ten a capacidade de abstraernos do lugar e do tempo.
Bebemos, aseamos os nosos corpos, regamos os nosos cultivos, domesticamos auga, asentamos á bera da auga, somos auga. 
A terra.
A terrra fértil atrae ás xentes.
Camiñamos, somos substancia da terra, alimentamos a terra, cultivamos co sacho, o arado e a grade, repartimos a terra, tomamos posesión da terra e nacen as agras, o agro e as leiras, somos terra.
O lume.
O lume alonga o día nas noites, quence no tempo do frío, crea a cociña, crea os campos de cultivo, abre camiños, torce a madeira, coce o pan, endurece o barro e funde os metais.
O aire.
O aire é o alimento máis necesario para os seres vivos, respiramos aire, somos aire.
Domesticamos o vento para navegar pola auga, aproveitamos o aire para facer melodías, o áire e o camiño por onde viaxan os sonidos. 

Os sensores cos que se percibe Cangas.
Son as liñas dun pentagrama no que colocar as notas da vida.
A vista.
A imaxe é unha forma de comunicación, da que se alimentan os códigos da escritura e da representación.
A paisaxe e o territorio.
O oido.
O sonido é unha forma de comunicación, da que se alimentan os códigos da fala e da música. 
A fala e os sonidos da harmonía.
O olfacto.
O olor é unha forma de comunicación, da que se nutren os códigos da alimentación e da relación reproductiva. 
O cheiro do mar, do agro e da natureza. As lembranzas da cociña.
O gusto.
O sabor é unha forma de comunicación, da que se nutren os códigos da nutrición e da vida.
O tacto.
A sensibilidade táctil  é unha forma de comunicación, na que se descubren os códigos das texturas, se lee sen a mirada, se verifica a existencia, se amosa o aprecio e se disfruta da relación máis íntima.  

O NOME DE CANNAS

En primeiro lugar, queremos traer da memoria a orixe e as formas desta toponímia suxestiva que se recolle nalgunhas cartas náuticas dos séculos XVII e XVIII e tamén en documentos anteriores, como o do ano 1401 onde aparece este topónimo como apelido.

https://apelidosgalicia.org/cannas-5605

 "Testibus Luppo Garsie cardinali, Johanne Fernandi de Cannas canonicus, Alfonso ..."

 https://webs.ucm.es/BUCM/tesis/ghi/ucm-t30274.pdf

Carta náutica do ano 1605 na que figura o nome de Cannas.

 

Carta náutica que se recolle na obra de Antonio de Maris Carneiro REGIMENTO DE PILOTOS E ROTEIRO DAS NAVEGAÇOENS DA INDIA ORIENTAL do ano 1642 na que figura o nome de Cannas.

Existe un exemplar depositado no Museo MASSÓ en Bueu aberto na páxina número 122.

https://purl.pt/14184/4/res-331-2-v_PDF/res-331-2-v_PDF_24-C-R0150/res-331-2-v_0000_Obra%20Completa_t24-C-R0150.pdf

https://permalinkbnd.bnportugal.gov.pt/viewer/91128/download?file=res-331-2-v_0000_Obra+Completa_t24-C-R0150.pdf&type=pdf&navigator=1


Carta náutica do 23 de outubro do ano 1702 na que figura o topónimo Cannas.

O topónimo Cannas aparece en latín, lingua franca da época no Imperio, tal como o subtítulo da mesma carta.

Canhas (P), Cañas (C), Canas (G) e Cangas (G) son unha mutación fonética do grupo xeminado "nn" cono nasal alveolar, procedentes da orixinaria Cannas (L), polo que non é arriscado dicir que no Morrazo daquela antiga Gallaecia, ou dende o Reino Suevo ate chegar a tempos máis modernos o topónimo Cannas (L) derivou en Cangas (G ou A).

Véxase a derivada fonética entre  "uña" (C e G) e "ungula" (L), "teño" (G) e "tengo" (C), "teñir" (C) e "tinguere" (L), "tinguir" (G), "tañer" (C) e "tangere" (L), "ceñir" (C) e "cinguir"(G) ou a do termo "niñunha" empregado en A Garda equivalente a "ningunha", onde aparece a relación fonética do ñ e o ng cos grupos iniciais nn ou nh tal como se pretende aplicar a Cannas (L), Canhas(P), Cañas (C)  e logo a Cangas (G ou A).

Unha conexión similar é a do grupo gn e o ñ como ocorre en Lignun (L) >Leña (G e C)  ou Spagna (F) >España (G e C), que apoiaría a hipó tese. 

https://books.google.es/books?id=j6IFAAAAQAAJ&lpg=PA161&ots=aaGvys3r6E&dq=te%C3%B1ir%20etimolog%C3%ADa&hl=es&pg=PP7#v=onepage&q=te%C3%B1ir%20etimolog%C3%ADa&f=false

http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/latin/esl132ca9.php?PHPSESSID=8ab8fa7a635bd4badba1f13abfec2841

http://aliso.pntic.mec.es/agalle17/latin/verba/leyes.html

As cangas son canas que se colocan nas cubertas de palla ou colmos, tal como se fai na armazón das viñas, actualmente é un material de construcción pobre relegado a usos menores, pero que se atopaba dun xeito fácil no entorno rural das zonas húmidas.

Existe outro asentamento humano co nome de Cannas, e o paralelismo é moi suxestivo, tanto na localización como neutros circunstancias históricas. 

Etimoloxía.

Cana procedería  do latín canna, do hebreo Qanah, qaneh e do Asirio Qanu e, temos tamén do greco antigo κάννα (kánna "xunco", "cana"), este procedente do acadio kanū, e aquel do sumerio gin.1

O fenicio.

https://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_fenicio



https://es.wikipedia.org/wiki/Cannas

https://es.wikipedia.org/wiki/Batalla_de_Cannas









Botánica.

Esta é a hipótese mais interesante e ate o de agora non estudiada.

A cana ou colmo é o nome que recibe a palla de certas gramíneas que teñen o talo con ocaos e nos, tal como o Arundo donax.

Se trata dunha denominación de certas gramíneas ou cereáis e tamén se pode chamar culmo ou colmo.

https://es.wikipedia.org/wiki/Arundo

https://www.lifeder.com/arundo-donax/#:~:text=H%C3%A1bitat-,A.,son%20sensibles%20a%20las%20heladas.

http://antropocene.it/es/2019/07/02/arundo-donax/


O valor da cana está relacionado co seu emprego como material de construción en arquitectura, nas sebes, na enxeñería hidráulica, no agro e no mar.

Pola sea capacidade reproductiva é moi invasiva e eso explica o seu emprego en canizos dos carros, canizo na construcción de paramentos verticais e horizontais de vivendas, colmado de teitos, armazón das viñas, tecidos, sebes, canecas, canles de tubería na Marrúa, cangilóns, panterlos, cálamos, instrumentos musicais e outros elementos de uso cotiá. 

https://digalego.xunta.gal/es/termo/48169/panterlo

http://avesmundi.blogspot.com/2010/11/o-panterlo.html

https://worldofdictionary.com/dict/latin-english/meaning/canica

https://es.wikipedia.org/wiki/Cangil%C3%B3n

https://es.wikipedia.org/wiki/Qanat

https://es.wikipedia.org/wiki/Cancela_(verja)

https://es.wikipedia.org/wiki/Ca%C3%B1a_(vegetal)

https://gl.wikipedia.org/wiki/C%C3%A1lamo

https://dle.rae.es/caneca

Toponímia e onomástica relacionada.

Praia do Canabal, Canelas, Cancelas, Canella, Canyellas, O Cangallón, A Cañiza, O Canizo, Canastro, Cangostra, Congostra, Canón, Canle, Cangas.

https://toponimia.xunta.gal/gl

https://www.xunta.gal/toponimia-e-nomenclator?langId=es_ES

https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/2870/9788498875782_content.pdf;jsessionid=D6EB76787CB68AA4B4328920BBAA77D7?sequence=1

https://academia.gal/dicionario/-/termo/canga

https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/quenlla

https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/cangalleira

http://kit.consellodacultura.gal/web/uploads/adxuntos/arquivo/5252d378ef038-biblioavanzada49.pdf

https://apelidosgalicia.org/cangas-229#:~:text=Origen%20del%20apellido%20Cangas&text=El%20apellido%20Cangas%20tiene%20posible%20origen%20topon%C3%ADmica.&text=%2D%20en%20la%20parroquia%20de%20Santa,municipio%20de%20Cangas%20(Pontevedra).


Xeometría, forma e construcción.

Unha media cana cortada ten a forma dun arco, canón, canle, congostra, cangostra, quenlla, canica, canecillo, cangos, cangalleira, sobra dicir que a canga ten forma de arco ou pode asimilarse a unha acanaladura. Cañada tamén afondaría na relación con canle, camiño ou rego. Mesmo o Cangilón (C) e Canalón poden nacer da asimilación visual a unha cana cortada. Cañería (C), Canecillo (C), Cañota (G).

https://huellasdearquitectura.wordpress.com/2017/04/10/cubiertas-de-paja-de-cana-o-de-palma/

https://buleria.unileon.es/bitstream/handle/10612/6131/TESIS%20DE%20ELOY%20ALGORRI.pdf

https://www.rios-galegos.com/venosg12.htm

https://huellasdearquitectura.com/2017/04/10/cubiertas-de-paja-de-cana-o-de-palma/

https://www.etymonline.com/es/word/canal

O seguinte documento, relativo á enxeñería dos teitos nas construcións tradicionais e nas parras, aclara a razón da existencia de tantos e tantos canabales dende a antiguidade.

https://riunet.upv.es/bitstream/handle/10251/101198/Art.%2032%20269-276.pdf?sequence=1

https://es.wikipedia.org/wiki/Vitis_vinifera#:~:text=Se%20cree%20originaria%20del%20suroeste,los%20pa%C3%ADses%20de%20climas%20templados.

https://www.mapa.gob.es/es/agricultura/temas/medios-de-produccion/iect_cultivadas_altaweb1_tcm30-500251.pdf

Hipótese fonética.

Sobra dicir que na fonética  o cambio pode ser unha ciencia. 

Niñunha, ninhunha, ninghunha, ningunha. Miño, Minho. Canella, Canyella, Quenlla, Cannas, Canhas, Canghas, Cangallas, Cañas. Canelo, canoa, cancela, cangallo.

Vinna (L)>viña (G). Anno (L)>Año (C). Cunnus (L)> Coño (C e G). Agnus (L)> Año(G). Damnum (L)> Dano (G)>Daño (C). Signa (L)> Seña (C). Tangere (L)> Teñir.Teño (G)>Tengo (C). Veño (G)> Vengo (C). 

http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/latin/esl132ca9.php?PHPSESSID=8ab8fa7a635bd4badba1f13abfec2841


A orixe aceptada.

Se queremos pescudar noutras orixes máis coñecidas ou máis aceptadas polos linguístas, podemos ter en conta ás teses de Cesar Varela García sobre o nome de Cangas.

https://es.wikipedia.org/wiki/Idioma_celta_galaico

https://digalego.xunta.gal/gl/termo/12095/canga

https://gl.wikipedia.org/wiki/Cangas

http://contenidos.educarex.es/mci/2002/25/secc31/01agricolas/cereales.htm

https://blogosferia.wordpress.com/2018/09/05/canga/

https://dicionario.priberam.org/cangalha

https://academia.gal/dicionario/-/termo/quenlla

https://dle.rae.es/cancilla

https://raicesdeperaleda.com/diccionario/cancilla/p-3938#:~:text=Etimolog%C3%ADa%3A,se%20prefiere%20la%20forma%20verja.

https://academia.gal/dicionario/-/termo/calexa

https://www.celtiberia.net/es/conocimientos/?idp=2533

http://etimologias.dechile.net/?canica

https://es.wikipedia.org/wiki/Cr%C3%B3nica_albeldense

http://www.academiacanarialengua.org/palabra/cango/

https://gl.wikipedia.org/wiki/Grade

https://youtu.be/EbNwCZpklh0

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0c/Carro_de_vacas_no_Faiado_2_%284560307755%29.jpg/800px-Carro_de_vacas_no_Faiado_2_%284560307755%29.jpg

https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/df/Casa_do_Patr%C3%B3n_-_Doade_-_Lal%C3%ADn-5.jpg/800px-Casa_do_Patr%C3%B3n_-_Doade_-_Lal%C3%ADn-5.jpg

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj3ZcFier05OomhDanhzLh2MYacuwmQxXiC3CRjK20Jbd-l7S31VI0PM11T-U32t3XKiEZ2Qj3vOn4aS1DD5Nt4mvmHAY-3Dhf2XByWSmfFS_Q_Yhd8dISKtIgmydzdMBm6JkeRl6q7ybeB/w1200-h630-p-k-no-nu/1.jpg

Na crónica Albeldense xa se menciona co nome Canicas a Cangues d'Onis, tamén ocorre que se menciona Cannas nas cartas marinas holandesas dos séculos XVII e XVIII para referirse á vila de Cangas do Morrazo, sen esquecer que existía unha poboación fluvial da Apulia en Italia denominada Cannas. 

Na toponimia asturiana, vencellada á galega, aparece a hipótese de Cannas como orixe de Cangas.

https://mas.lne.es/toponimia/index.php?leer=434

Tamén podemos incluir o topónimo Cannes (Canas, Cañas) do século XI, deriva de Canuas (Probablemente relacionada con Canvas, co significado de canizo ou tecido forte) do século X e este do latín Cannas.

https://es.wikipedia.org/wiki/Cannes

Está a nacer tamén no mundo audiovisual o denominado Festival de Cannas.

As cannas adoitan medrar perto dos regos, nos sulcos de auga, nas zonas húmidas, na zonas fluviais, na beira dos areais ou nas zonas inundables polo que esta hipótese cobra certo sentido.

De xeito humorístico, podemos aportar que foi moi popular en Cangas do Morrazo a expresión "Se esto non se amanha, canha, canha, canha" polo que se extrae que esta é unha zona moi canheira, é dicir, un lugar donde hai moitas canas, un canabal.

Tamén podemos relacionar cana con canal, quenlla, con rego ou con sulco.

Plano do Catastro de Ensenada do ano 1752.


1 Colexiata de Santiago 2 Hospital da Concepción 3 Praza do Mercado 4 Praza do Loureiro 5 Praza do Eirado         6 Cruceiro do Señal 7 Cruceiro de Singulis 8 Peirao 9 Campo das Rodas 10 Campo do Señal 

O mapa tal como se mostra no Interrogatorio do Catastro de Ensenada. Cangas o 2 de xaneiro de 1752.

Chama a atención o lugar 9 denominado "Campo das Rodas" para o que se pode investigar a hipótese campo de rodas de cordelería de cañamo e redes para as actividades da pesca.

En relación coa pesca, en Cannas tamén existía o denominado Campo dos Aparellos localizado na zona da Avda de Marín ou o Campo das Redes do Areal de Rodeira ou deberíamos xogar un pouco e dicir Areal da Redeira.

https://www.convega.com/lagramaera/html/html_cayamo/grama_hilado.htm


O campo das Rodas.













Carta  nautica do ano 1764 onde figura o Lazareto, no linde entre Cangas e Moaña

Carta náutica de Vicente Tofiño do ano 1787.


Plano de Cangas do ano 1906 que se garda na Casa da Cultura de Rodeira.



Ortofoto do ano 1957



Ortofoto do ano 1969.



Ortofoto do ano 1975.

O TERRITORIO DE CANNAS




As parroquias e os areais do Concello de Cangas no ano 2021.

1. Praia do Canabal

2. Praia de Os Alemáns, das Ratas ou do Solano

3. Praia de Rodeira

4. Praia de O Salgueirón

5. Praia de A Congorza.

6. Prai do Medio.

7. Praia de Areamilla.

8. Praia de O porto.

9. Praia de Santa Marta.

10. Praia de Liméis.

11. Praia de Temperáns.

12. Praia de Os Castros.

13. Praia de Nerga.

14. Praia de Viñó.

15. Praia de Barra.

16. Praia de Melide.

17. Praia de Couso.

18. Praia de O Portal.

19. Praia de Rabáns.

20. Praia de Alada.

21. Praia de Estrepeiros.

22. Praia de Areabrava.

23. Praia de Castiñeiras.

24. Praia de Pipín ou de Amiáns.

25. Praia de San Xián ou de Terra da Laxe.

26. Praia de Pintéis.

27. Praia de Arneles ou de Hío.

28. Praia de A Testada.

29. Praia de Vilariño.

30. Praia de Os Picos.

31. Praia de San Cibrán.

32. Praia de O Con de Sestadelo.

33. Praia de Cova de Balea.

34. Praia de Areacova.

35. Praia de Francón.

36. Praia de Sartaxéns.

37. Praia de Menduiña.

38. Praia de Lagoelas.



Cannas, unha mestura de culturas.

No caso do territorio que nos ocupa, acoutado espacialmente no concello de Cangas, debemos destacar tres liñas de traballo referidas ao desenvolvemento dos recursos:

1)   O complexo habitable.

O valor da auga e da terra, no bordo marítimo ou nas cuncas dos ríos.

O uso e transformación do medio como complexo habitable deben estar inscritos nun proceso de harmonización. 

2)   A tecnoloxía.

O valor do coñecemento, da sabedoría e do patrimonio material e inmaterial.

As tecnoloxías do téxtil, da carpintaría, da construcción, da bioloxía, da medicina ou as da comunicación poden ter cabida nun proceso de optimización.

3)   O ser humano.

      O valor da actividade social.

As interaccións entre os seres humanos deben ter lugar nun proceso de compatibilización.


Unha vez dito isto, podemos concretar proxectos de intervención sobre estas particularidades que consideramos necesarias pero que non se teñen realizado ate o de agora.


A REALIDADE ACTUAL.

Os condicionantes de partida amosan os elementos que temos que valorar e tamén as carencias que debemos considerar na estratexia de actuación sobre os bens e os espazos:

 a)  A existencia dun documento urbanístico, vixente dende o ano 1994, sen adaptar á nova realidade e que non se ten xestionado na súa totalidade no referente ó uso dos recursos, á mobilidade das persoas ou á creación de espazos públicos.

b) A implantación dunha importante infraestrutura viaria no territorio da comarca, nomeadamente o Corredor do Morrazo e os conflictos derivadas da mesma.

c) déficit de zonas de aparcadoiros públicos e privados no concello de Cangas e o deseño viario.

d) precariedade do transporte público no referente a percorridos e ás frecuencias de paso para resolver de xeito adecuado a mobilidade das persoas en relación coas súas particularidades.

e) A falta de conservación do patrimonio arquitectónico industrial na franxa de protección das cuncas dos ríos ou na liña de costa, en particular no referido ós muíños de auga e ás industrias da pesca como pode ser o complexo de Massó ou e industrias de salgado en proceso de deterioro.

f)  A falta de xestión e promoción adecuada dos xacementos arqueolóxicos do concello.

g) A promoción do patrimonio construido dos núcleos do concello e dos conxuntos monumentais das parroquias ou da arquitectura vernácula.

h) A valoración axeitada dos lugares para o deporte e o lecer como poden ser os pavillóns dos centros educativos, o pavillón do Gatañal, as pistas polideportivas de Verín ou o campo de fútbol do Alondras.

i) A existencia de lugares de reunión nas diferentes parroquias que necesitan ser optimizados ou ampliados para que poidan dinamizar á poboación e fomentar a cohesión social.

j) O potencial derivado da conservación, uso e aproveitamento do medio natural do concello, en particular do monte e do agro, tendo en conta a optimización productiva dos recursos existentes nos espazos naturais protexidos. 

k) A procura da satisfacción das necesiades derivadas dos proxectos vitais das persoas que habitan o territorio  para acadar o equilibrio na diversidade, a través da posta en valor da creatividade na procura do coñecemento e da harmonización dos intereses dos indivíduos dentro dun complexo habitable.  

l) O desenvolvemento de iniciativas empresariais en equilibrio dinámico co complexo habitable.

Plano das NNSS de Planeamento do ano 1994.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CANGAS/documents/0745PBZ01.JPG


A ESTRATEXIA.

A estratexia de actuación pode ser organizada en tres liñas temáticas que afectan ás persoas e ós recursos, e que se concretan na mobilidade e nos espazos:

Valor do Complexo Habitable.

O desfrute da fronte marítima e das cuncas dos ríos ou dos espazos naturais protexidos a través de rutas dun sendeirismo amable e intelixente en relación co coñecemento transversal do medio a protexer ou da promoción do lecer a carón da auga.

Valor da Tecnoloxía.

recuperación e conservación do patrimonio construido ou cultivado e a posta en valor das tecnicas de aproveitamento sustentable do medio, en particular no referido á arquitectura da moenda ou a da transformación dos produtos do mar, na que os muíños de auga e as fábricas de salgado constitúen o elemento máis salientable do agro e da costa.

Valor do Ser Humano.

A posta en valor do patrimonio inmaterial e da etnografía popular, tanto nas manifestacións profanas como nas de tipo relixioso. Por exemplo a festa do muiño de Fausto, a semana do teatro MITCFC, a semana do cine, a Bienal de Arte do Morrazo BAM, a Semana do Cómic, as festas populares nas parroquias, a Semana do Jazz, a Defensa da Vila do ano 1617, as Festas do Cristo, a Romaría de Darbo, o Entroido do Hio, as danzas ancestrais ou a Semana Santa de Cangas.


PROPOSTAS DE ACTUACIÓN

A) Mobilidade e desprazamentos.

Xestionar e desenvolver as vías de circunvalación do núcleo urbano de Cangas para controlar o tráfico rodado e facer máis amable o espazo de estancia dos núcleos de poboación.










Crear zonas de aparcadoiro públicas e privadas soterrados ou de superficie no punto final do corredor do Morrazo pertencente á parroquia de Aldán, no entorno das vías de circunvalación e na fronte marítima do concello de Cangas entre Punta Rodeira, centro urbano de Cangas (soterrado baixo os xardíns) e Punta Balea (soterrado no entorno do antigo campo de fútbol de Massó), sen esquecer en especial os areais e outros puntos de atracción da poboación como poden ser os adros dos templos parroquiais, os centros cívicos ou as zonas deportivas e escolares.

Potenciar a posta en marcha dun transporte público con deseño de traxecto circular de alta frecuencia para dar servizo á poboación dos barrios das diversas parroquias, en particular das persoas maiores e a da xuventude, fomentando a interacción entre xeracións.

Crear aparcadoiros disuasorios con parada de buses lanzadeiras para o acceso ás múltiples praias en puntos determinados,  como pode ser a rotonda final do corredor en Aldán.

Xestionar peiraos para novas rotas marítimas de Vigo a Nerga na parroquia do Hio.

Potenciar os roteiros das cuncas dos ríos do concello e o carril para as bicicletas nos núcleos rurais.

O Roteiro da Moenda e os Muíños do Río Bouzós.

https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1ptEWDBCao89EPZnsPZMLgjsWLRs&ll=42.27746835043187%2C-8.775636719311478&z=14&fbclid=IwAR1cm0fmlYYvf1WL8rGEwnRZGS08vz84nOTrlWK6IvnF4XJUE2L69QqIgDU

Recuperar a Memoria Histórica do Rural nas parroquias do Concello, no referente ás tecnoloxías tradicionais, á antropometría, á medida do agro, á toponimia dos lugares e camiños, ó historial de nomes das rúas ou ó antigo trazado dos regos da Xunta de Augas, ou ás fontes e lavadoiros como lugares de reunión.














Caixa de un ferrado de Aldán.

Prisma exterior de base un trapecio rectángulo de area 19x(47+57)/2 cm2 e altura de 29 cm e prisma interior de base un trapecio rectángulo de area 16x(45+54)/2 cm2 e altura de 26 cm que pode contér unha vez enrrasado 0,020592m3 de cereal, volume  equivalente a uns 20 litros.

A medida do volume de gran empregado na sementeira dunha leira equivalente á superficie da terra sementada con cada tipo de semente.

Segundo as fontes documentais  reflectidas no Cadastro do Marqués da Ensenada, a unidade de lonxitude  tradicional de medición das terras era é a vara de 13 palmos (1vara=2,71669125m) ou cuartas, sendo a vara de Buergos unha vara de 4 palmos (1palmo=0,2089767625m) equivalente a tres pes ou tercias (1tercia=0,278635m) e unha vara equivalente 0,835905 metros lineais.

Nos documentos de propiedade da terra, figura como unidade o Ferrado de Cangas do Morrazo. O ferrado é un cadrado de 32 varas en cadro ou ben dun perímetro de 32 varas e unha superficie de 64 varas cadradas equivalente a uns 472m2.

Tamén aparece a relación coa cunca.

https://ittagalicia.wordpress.com/tag/cunca/


































"O ferrado de 64 varas no Morrazo.
Un pouco de xeometría dos anos 1750 a 1754.
Da medida en varas temos que saber algo primeiro, e podedes atopar información por exemplo na wikipedia http://es.wikipedia.org/wiki/Vara e despois tamén temos que revisar o Catastro do Marqués da Ensenada para saber a definición de ferrado que alí se da onde se menciona a vara de trece palmos como a vara do Morrazo.
Visitamos tamén http://www.convert-me.com/es/convert/length/bibspan.html para diferentes conversións.
E aquí tendes a información do catastro, folla AGS_CE_RG_L248_092.jpg correspondente á novena pregunta do interrogatorio onde se fala do ferrado de 32 varas de 13 palmos correspondente ó perímetro dun cadrado de 8 varas de lado, dunha superficie de 64 varas cuadradas para a zona do Morrazo, equivalentes segundo o mencionado documento do catastro a un perímetro de 104 varas de Burgos dun cuadrado de 26 varas de lado.
Sabendo que unha vara castelán se corresponde cunha medida de 0,835905 cm, resulta un ferrado de superficie de aproximadamente 472,3463262609 m2 e unha vara de superficie de aproximadamente 7,3804113478265625m2.
Comunmente, na zona do Morrazo, empregan unha equivalencia de 472m2 para o ferrado de superficie e 7,37m2 para as vara de superficie; de feito estas medidas foron adoptadas como unidade parcelaria mínima do SNUN (472m2) e SNUA (708 m2) no planeamento de Cangas do ano 1994 ainda vixente na actualidade e que veñen a ser a medida do ferrado e do ferrado e medio. "


As Artes de Pescar.

https://artesdepescar.blogspot.com/2019/03/artes-de-pescar.html

Unha industria de tinguido das redes no barrio de O Forte.





A pesca e a súa conservación.

























Chandarmes ao sol.

Gamela na praia do Canaval.








Canizo.



















































https://tecnoloxiatextil.blogspot.com/






























Realizar unha Guía Verde coa catalogación e localización de especies vexetais dos nosos ríos e montes.

Fomentar os usos agrícolas e o comercio de produtos de tempada de agricultura sostible procedentes das parroquias do noso concello ofertando incentivos ou exencións para a venda no mercado municipal.

B) Estancias e espazos públicos.

Potenciar o areal de Rodeira e recuperar dalgún xeito o antigo areal do núcleo urbano de Cangas.

Proxectar o deseño urbano que podemos denominar “A Fouce”, para crear un gran espazo público lineal de ocio e lecer entre Punta Rodeira e Punta Balea que pase por restaurar a funcionalidade dos peiraos da fronte marítima, soterrar o tráfico e os aparcadoiros do litoral e dar entidade a unha senda peonil que conecte todas as zonas dos recheos da enseada de Cangas xunto cun desenvolvento dun plan para o conxunto de Massó onde poder localizar usos hostaleiros, comerciais, artesanais e culturais de acceso libre para uso e desfrute público reabrindo Cangas ao Mar e ós ríos.

Ver, por exemplo, o interesante Traballo Fin de Grado: “Arquitectura y dibujo: la fábrica de Massó de Cangas de Morrazo”. Visiers Salinas, María (2017)

http://oa.upm.es/47082/1/TFG_Visiers_Salinas_Maria.pdf

http://patrindustrialquitectonico.blogspot.com/

http://paraindustrial.blogspot.com/

Promover a Rota da Moenda” como un plan integral de restauración arquitectónica e recuperación do entorno das canles da auga e do patrimonio etnografico de fontes, lavadoiros, pasos e pontes, como exemplo tradicional dunha tecnoloxía sustentable nas parroquias do concello de Cangas, tal como no muiño de Fausto, aproveitando as zonas de protección de cuncas fluviais e integrando usos compatibles coa moenda, tal como os de xeración de enerxía, museo ou hostalaría.



















































A  Mecánica e a Hidráulica en xogo para moer o gran.










































https://territoriomuseo.com/noticias/show/663-los-molinos-de-maliayo

http://www.sabelotodo.org/fisica/ecuacionbernoulli.html

https://felipe1714.wordpress.com/segund-corte/teorema-de-torricelli/

https://bibliotecadigital.univalle.edu.co/bitstream/handle/10893/11261/3487-0525786.pdf;jsessionid=308673011136779C9CAFD6AD324A809D?sequence=1

http://mwm.cimav.edu.mx/wp-content/uploads/2015/04/Tesis-Luis-Jose-Lopez.pdf

http://www.ugr.es/~esteban/earth/apuntesbasesfisicas/tr4

A tecnoloxía da madeira.



A Mecánica e a Hidráulica. Muiño de Fausto. Rio Bouzós.













O Camastro. Muiño de Fausto. Coiro. Cangas. Pontevedra.

Promover á recuperación da arquitectura da conserva do peixe e en particular a do complexo edificado de Massó e do  patrimonio existente en toda a costa do concello de Cangas, aproveitando as zonas de protección litoral e integrando usos compatibles.

https://www.asociacionbuxa.com/

Promover e incluír o catálogo de arquitectura industrial de Cangas nos roteiros da ERIH (European Route of Industrial Heritage).

https://www.erih.net

Promover a posta en valor dos xacementos arqueolóxicos do concello, creando puntos de interpretación nas parroquias.

https://www.academia.edu/561450/Monte_do_Facho_Don%C3%B3n_O_H%C3%ADo_Prov_de_Pontevedra_2004_Excavaciones_en_el_santuario_de_Berobreo

Xestionar solo para equipamentos nos núcleos rurais e zonas de praia.

https://cangas.gal/turismo/praias/gl


C) Cultura.

Potenciar o entorno e os equipamentos onde teñan lugar as manifestacións populares tal como o entroido, as romarías, os furanchos ou as festas gastronómicas e os eventos culturais e deportivos que permitan estimular a autonomía e a vida nas zonas rurais e urbanas.








A Cultura da Hospitalidade das nosas xentes, tan necesaria hoxe para o Equilibro na Diversidade, que se pode resumir nesta obra  creada para a Biblioteca das Madeiras do Mundo.

https://sandaliasdemuller.blogspot.com/2018/04/o-libro-da-hospitalidade.html

Os xogos.


O tutelo das amorias.












































D) Desenvolvemento dos proxectos vitais.

Habilitar as condicións necesarias para poder realizar os proxectos vitais das persoas potenciando o tecido industrial e o aproveitamento do medio natural dun xeito equilibrado e respectuoso, eliminando atrancos administrativos a través do ensino creativo e a aprendizaxe transversal.









































































































E) A creación poética.

1926
CENTRAL CONSTANCIA.
O home no peirao, unha maleta de coiro desgastado,
con estrutura de madeira entre as pernas,
as mans tecidas, apoiadas sobre os xeonllos.
A mirada posta a un pé da punteira
dos zapatos negros,
máis abaixo do pavimento da rocha natural.
Esta sentado no murete de pedra
na beira do embarcadoiro.
Espera a chegada da pequena embarcación a vela
no porto da ría para logo zarpar
no barco de vapor que o leve de Vigo a La Habana.
A súa esposa, en silencio,
coas bágoas nos ollos e cun nó na gorxa,
sen poder falar a causa da tristura pola súa partida.
Sentado, cos ollos nos pes, o ventre na garganta,
a matriz no peito, maleta entre pernas.
Perto a muller, despois das nupcias,
casada de onte, hoxe de soto e sobrado valeiro.
Mestura na face, poallo con bagoas, que lembran salobre vento de mar.
Racha o silencio a serea do barco,
enmudece o peirao cando sube a maré.
Tres chamineas en ringleira
votando fume negro de carbón.
Xa non hai velame nas viaxes de ultramar.
Hai ganchos de traer xentes,
negreiros que te levan de cruceiro
naquelas pasaxes de trescentas pesetas, viaxe a ultramar.
Mestura nos beizos, zume de cana.
No porto de La Habana, carretas con sacos de azucre.
Tren a Cienfuegos, Central Constancia, en Abreus,
Guillermo Moncada é hoxe o seu nome.
Enxeños de azucre, carros de bois, camiños de ferro, convoi a vapor.
Xentes vestidas de branco e mans con machetes de cana.
Maiorais montando a cabalo e mascando tabaco.
Prenda o lume compadre, no bohío xa estamos.
Artrópodos, no camastro de palla,
bananos e cocos en Camagüey.
Soan as ferraxes das carretas de bois,
son as carretas dos propietarios dos enxeños do azucre,
adoitan achegarse ao porto para cargar as naves que zarpan.
No peirao de La Habana, saen barcos rumbo a países de Europa.
As carretas, no camiño de regreso voltan con brazos novos
para o traballo nas plantacións azucreiras.
Era a segunda vez que emigraba á illa,
aínda non estaba acostumado aquel clima húmido e cálido,
pero todo parecía ser diferente e novo.
Aproveitando o bulicio existente,
pronto se incorpora nun grupo de xornaleiros,
xunto con outros homes que veñen do barco de Europa.
Convoi a Cienfuegos. Central Constancia en Abreus.
A ambos os dous lados do camiño as plantacións de cana.
Unha multitude de xornaleiros e xornaleiras traballando.
Con roupas brancas empapadas pola suor,
sombreiro ou pano na cabeza e machete na man.
Os maiorais a cabalo, as carretas de grandes rodas de raios
con xuntas de bois e homes preparando a carga.
Pronto divisan as altas chemineas de ladrillo,
similares ás das industrias europeas,
destacando sobre os tellados dos enormes alpendres da Central Constancia.
A entrada á plantación de azucre enmarcada
nunha perspectiva frontal
de enormes e esveltas palmeiras, e ao fondo, a Central Constancia.
Manuel Pena.

1966
SERES SENSIBLES NO COMPLEXO HABITADO.
O sol proxectaba, ao atardecer,
as sombras dinámicas da vella ameixeira
sobre a parede máis branca,
pintada ao aceite, do fondo da estancia.
O día alongaba na noite, no lindeiro das tebras,
doce recuncho para a conversa, a redor das chamas.
Onde sentan mulleres de abada grande,
tellado protector do espíritu caseiro.
Escoitaba a radio, un aparato Ascar,
e quedara durmido
sobre o cobertor da cama,
coa ladaíña da máquina de coser, unha Singer.
Compartía a cama co irmán
e durmía na sala cos avós maternos.
O sobrado tiña o piso de madeira
de táboa ancha, dunha cuarta.
As táboas coa textura conseguida co tempo,
axeonllándose nun acto de prostración
no chan de piso de madeira arrastrando a tina de cinc
dende o dormitorio ata as escaleiras.
Era a textura da limpeza con cepillo,
ao remollo de auga con xabrón Lagarto e lixivia.
Había unha cómoda con gavetas
o avó gardaba nela o moedeiro de prata, con antigas moedas.
Algunhas coa efixie dun monarca pola Graza de Deus,
outras coa imaxe dunha Raíña Rexente.
Había estampas de santos, algunha rara fotografía e mantelería,
naquela gaveta da cómoda.
Tiña un chinero, unha vitrina de catro patas
sobre a cómoda, coa louza para os días de festa.
Un tabique de madeira revestido de morteiro de area e cal
Separaba o cuarto dos seus pais.
Ergueu cedo, baixou ata a cociña polos chanzos
de madeira de piñeiro, desgastados polo uso.
Entrou na cociña, baixou pantalóns cor azul Mahón,
unha tapa con asa cubría un burato circular, sentou na caixa de madeira.
.
No lar, sobre un dos trípodes a quentar a pota do caldo
e sobre outro de menor tamaño unha cazola,
auga fervendo con manteiga de vaca.
O avó da emigración, chocolate en auga.
O avó na adega, un pequeno taller de carpintaría.
O seu pai, na zapataría, local alugado perto da tenda de ultramarinos.
A avoa, a muxir a vaca, a nai preparando a roupa do irmán
para ir á escola de nenos.
A media mañá,
ao baixar ao mercado da vila,
para vender leite e traer peixe,
a súa nai deixóuno na zapataría.
Ese día estaba moi ledo, a súa nai trouxera da libraría
unha lousa con forma de rectángulo.
A pequena lousa negra con estilo,
atado no cordel amarrado nun burato circular.
Ese día comezou a debuxar as letras, os números,
ese día, antes de comer.
Comeron xurelos con patacas, tomate e cebola,
ourego, pemento, un pouquiño de viño branco.
Pola tarde quedou xogando baixo o hórreo
con canas, terra e auga,
facendo pequenas construcións, baixo o celeiro, protexido.
O seu irmán facendo castelos con leña de carballo.
Castelos para facer lume na lareira.
Leña traída do monte no carro de bois a tarde anterior,
cortada a tronzador polo pai e avó
aberta en canle con machado, martillón e cuñas de ferro.
Castelos, dispostos segundo a liña sinuosa do murete
que conformaba un desnivel no terreo
no circundado da vivenda,
perfectamente tanxente ao perímetro do palleiro exterior.
O palleiro realizado polo seu pai.
relevando ó seu sogro nesa actividade case ritual,
cun mastro central de madeira de acacia
e base de monllos de vides.
Sobre un cuadrilátero da mesma madeira,
atado con varas de vimbio,
dispoñendo con mestría milenaria
o feo en forma de cono.
Cando o neno cansou de xogar baixo o celeiro
achegou á zona na que estaban
os soberbios castelos de leña
axudou ao seu irmán na tarefa que estaba a realizar.
Sentar ao lado do poste de pedra nun extremo do murete,
á sombra das ramas sen follas da ameixeira,
baixo a vella parra de viño branco,
que cubría a porta da adega.
Avó sentaba naquela mesma zona,
sobre unha pedra de amolar
que a avoa usaba
para sacar fío á fouce.
Coa navalla desgastada, o seu avó pelaba froita,
facía pequenos anacos en forma de lasca,
peras recollidas a man, gardadas na palla de centeo,
nun caixón de madeira de castiñeiro, armada con cravos xa oxidados.
Peras da vella pereira de Calataiud
ameixas xaponesas xa maduras.
Pedra de granito silvestre moreno, colocada en aparello de cachotaría,
da fachada oeste na que se situaba a parra.
Tinguida de cor verdosa,
ao igual que a madeira de acacia que lle servía de armazón,
ao igual que as canas que se substituían anualmente,
ao igual que as ataduras de vimbio.
Ataduras de vimbio,
realizadas coa arte da torsión dos artesáns cesteiros,
ao igual que as dúas cepas retorcidas como columnas salomónicas
dispostas a dereita e esquerda na entrada da adega.
Ao igual que as vides e ao igual que as follas,
agora con tons verdes, agora con tons amarelos,
agora tamén con ese ton granate,
tinguidas polas moitas mans do sulfato de cobre.
Manuel Pena.































1996.
LUGARES DA AUGA.
Un ramallo de mamonciños,
pasean collidos da man sobre os muros da cidade,
baixan por escaleiras, entran a pescudar nunha casa,
o portón de madeira tropical xa pintado moitas veces,
aberto.
O portón abría o paso a patios interiores,
unha exuberante árbore tropical.
Entraba o sol polo oco do impluviuo.
As follas gozaban da luz á altura da cuberta de tella,
movidas a un compás polo vento da costa.
Atraído, achegou e pousou suavemente
as palmas das mans sobre as cadeiras,
subíndo lento, ata que os dedos tocaron os peitos.
Abriu o libro da auga, solerma, sinapsis,
apartou o pelo e bicou na parte posterior do seu colo
mentres ela inclinaba cara adiante a cabeza.
Ela gustaba de atraer as miradas, espertar os sentidos.
Instantes íntimos, dirixindo visións aos encaixes,
cada día desvelando as belezas escondidas,
voando na imaxinación, aterrando no tacto,
emocionado nunha curva sutilmente embelecida.
Abandonar nela sen atadura do tempo á maxia da lenzaría,
levado pola caricia das materias doces e delicadas,
satén, encaixes, bordados, detalles e realce de formas.
Ocasionalmente entregados no doce mollar dos corpos.
Instantes preciosos, caricias dun colar de perlas.
No mudar da roupa todos os días, na elegancia de desvelar
sen mostrar demasiado,
imaxinativo, sublime, cómplice perfecto da feminidade.
Descanso das miradas, obxectivo da sedución, dos seus versos,
atraído, engaiolado por lenzaría marabillosamente colonial,
encaixes moi refinados noutro tempo regalados.
Un sillón de vimbio no patio colonial, unha mesa con zume de lima.
No ángulo norte do patio porticado, unha porta.
Ela sen roupa nun habitáculo, catro cóbados de largo, catro cóbados de longo, seis cóbados de alto, aplacado lateralmente e no solo
con lousas de pedra coralina como nas murallas da cidade.
Do teito cribando auga, unha temperatura agradable,
unha chuvia relaxante nun ambiente cálido.
O pelo liso e moi longo máis abaixo da cintura.
Cabeleira de cor cacao, xirada levemente, de costas,
mans facendo círculos nos seos, ocultos a calquera intruso,
mostrando o pelo mollado sobre as nádegas,
a mirada posta sobre a entrada do cubículo,
escoitando noutra estanza o son case imperceptible dunha conversa.
Perfectamente bela, toda a pel morena como nunca antes.
Os seus labios entreabertos tocando, en rozamento,
mollados por unha mestura de saliva e auga.
Un colar formado por catro voltas,
catro grupos de contas de perlas de río
descansan xogando sobre os peitos formados.
Levanta os brazos, flexionados, pregaria,
orando recibe millares de gotas de auga.
Gotas nas palmas das mans abertas
precipitando nun sumidoiro entre as plantas dos pés,
formando un remuíño que xira dextrorsum.
Baixa as palmas das mans de xeito simultaneo,
separando os polgares e tocando a parte dianteira das coxas
aparece bela baixo os chorros de auga,
co pelo facendo trazos de grafito
sobre o brazo esquerdo e as costas arqueadas.
Nádegas cara a atrás e peitos levantados,
silueta harmonicamente perfecta.
Despraza a área entre polgar e índice da man dereita.
Despraza sobre as perlas de río ensartadas
na pulseira de catro voltas,
unha das voltas despraza cara a arriba
no instante do contacto coa xema do dedo corazón,
logo volve caer mentres ela inclina cara atrás a cabeza.
Desliando en toda extensión a preciosa cabeleira.
A auga morne acariñando a pel,
as gotas esvarando sobre a derme perfumada.
Xabróns que aplica por todo o corpo
desprovisto de toda suciedade e cos poros abertos.
Xira cara á entrada do cubículo aplicando a crema.
tocando suavemente co polgar esquerdo a palma da man dereita,
tocando o dorso cos restantes dedos.
Agora amosa cara á entrada do cubículo
seos de mamilas duras, auréolas chocolate,
embigo, vórtice nunha insinuante e suxestiva cavidade.
No centro xeométrico do seu ventre terso,
e un lanuxe na pube rasurada nun elegante trazo vertical,
deixado á vista de calquera intruso.
A auga caendo e de costas, a grande melena mollada,
sobre o triángulo curvilíneo da transición.
Esvarando un fío de auga entre as dobras
que conteñen a semente do mango maduro,
roza, frega suavemente, esvarando e tremendo a carne pola auga.
Partindo da cintura desliza no costado
nunha traxectoria ascendente os dedos da man esquerda
e nun camiño descendente os dedos da man dereita
sobre a cadeira dereita ata alcanzar a coxa,
e abre lixeiramente as pernas.
Brazos pregados e palmas levantadas,
tomando auga entre os dedos, axeonllando sobre o chan de material coralino,
vencendo lixeiramente o corpo cara á dereita.
Amosando as plantas rosadas dos pés,
a piriforme e alegre unión, as costas cubertas polo pelo.
Cara a atrás a cabeza, xunta as mans
deslizando estas sobre o rostro nun rezo
e bica tenramente a auga que cae sobre o corpo arqueado.
Sae do cubículo, colleu unha gran toalla de textura suave
cariñosamente dobrada sobre un tallo de madeira escura,
cingue a toalla no peito, como adoitan facer as mulleres.
Esvaran as tensas gotas de auga, esluíndo
pola canle, nervo central,
das elípticas e grandes follas da bananeira,
e os acios de froitos amarelos rematando en vulbo.
Tinxen de granate as novas follas da mangueira.
E medra o mango de cor vermella, verdeando.
Toma o sabor na boca da carne amarela do froito,
e queda posuido dese arrecendente olor.
Nos pecíolos nacen os novos gromos da Mangifera índica.
A Musa paradisíaca abre follas que semellan cucuruchos.
Penduran carnosas as drupas piriformes do aguacate,
no patio tropical ten un deses días de lembrar.
Esváran polas énguas regueiros de zume.
Baixo as follas do papaio os froitos verdes mudan amarelos.
Abre e atopa sementes mouras,
a redor da cavidade central come frescura.
Metáfora idea da nudez do ceo,
Nyx, deusa da noite,
Hipnos, deus do sono,
Morfeo, deus dos soños,
Tánatos, deus da morte.
Son ámbitos corpusculares da nosa concencia,
nutrida nese nume, escuro ser a medias,
ese estadio de existencia nacente.
Pensa na dor, na ansiedade que carcome,
na soidade que se extende como un deserto,
na desgarradora rutina da vida monótona,
xa é tempo da rotura, de fender a casca que circunda
esa noz que semella o cerebro.
Manuel Pena

DIVERXENCIA E DIVERSIDADE.
Vamos camiño dunha sociedade cada vez máis homoxénea e menos diverxente, cada vez máis manipulada polos grupos de poder a nivel político e económico.
Porque política e economía cohabitan para o lucro do grupo.
Os grupos de poder usan as xentes para inculcar dereitos para o seu control.
Opio das xentes e estados do ben estar como Isco de pesca nas redes da diversidade.
Equilibrio na diversidade.
O tempo que estamos a vivir é a masificación do pensamento homoxéneo e plano.
Faltan perspectivas diferentes.
Falta creatividade.
Falta carisma e sobran manipulacións neste sistema plano e falto da libertade que implica usar outros xeitos de percepción.
Unha sociedade dormida e manipulable, estereotipada, esclerotizada pola ideoloxía dos grupos que controlan os nosos pensamentos e opinións.
Repetimos os esquemas do Imperio Romano, do colonialismo, do comunismo das ideas e da falta de respeto á libertade do individuo para o compromiso intelixente.
Somos demasiado eu, demasiado espazo personal, demasiado colectivo afín, demasiado umbilicais, afogando na Nepentes da ideoloxía caduca do poder.
Falta medrar, medrar no valeiro de un mesmo.
Estamos traumatizados polo proteccionismo paternal e maternal.
Non somos nadie se non nos comunicamos cos demáis, non fixamos conexións neuronais se non damos a coñecer os nosos logros e pensamentos.
A percepción múltiple é un camiño cara ao equilibrio na diversidade.
Polo mero feito de ser minoritario ou maioritario non se acada nengún tipo de dereito.
O dereito está na opción libre e comprometida.
O feito de ser non da dereitos porque o dereito é o exercicio do poder.
A raigame da diberdade alimenta na atadura da auga.
A auga pode ser en moitos estados como todas as substancias.
A tolerancia e a intolerancia poden ser puntos da mesma traxectoria.
Ser Obra é ser Sistema de Referencia.

AS PERSOAS QUE PENSAN SON NECESARIAS.
AS PERSOAS QUE SINTEN SON NECESARIAS.
PENSA E SINTE.
SENTIR É EMPREGAR OS SENSORES.
PENSAR É CREAR A ARQUITECTURA DA VIDA.
O PODER NON É NECESARIO.
O ESTADO DO BENESTAR É O OPIO DO POBO.
O SERVIZO É NECESARIO.
O SERVIZO É CREAR.
CREAR É POSIBLE POLA FÉ.
OS QUE TEÑEN FÉ PENSAN E SINTEN.
A FÉ É A HIPÓTESE, A CREACIÓN É A TESE.
A TESE É O AMOR.
OS QUE AMAN CREAN.
O AMOR É A MANIFESTACIÓN DOS PROCESOS DA VIDA.
O QUE PROCURA A MORTE AMA A XUSTIZA.
O ODIO NACE DA XUSTIZA.
A XUSTIZA NACE DAS PERSOAS SEN HARMONÍA.
CAL É O TEU CARISMA?





Fontes documentais.

Publicacións.-Traballos de Arqueoloxía I. A prehistoria de Cangas.

Publicación do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”

RP Edicións.

1987

ISBN:84-404-0817-X

 

Cartografía de Galicia 1522-1900.

Instituto Geográfico Nacional. Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo

1989

ISBN:84-7819-010-4

 

Cangas na Historia.

Fernándo Cuñarro Pintos e Xosé Luís Lorenzo.

Asociación Cultural “A Cepa”.

2002

ISBN:84-607-6491-5

 

Historia de Cangas.

Carlos Vázquez Marinelli, José Moreira Pumar e Manuel Rodal González.

Deputación Provincial de Pontevedra. Servizo de Publicacións.

2007

ISBN:978-84-8457-286-2

 

Mariñeiros, piratas e bruxas no mar de Cangas.

Xerardo Dasairas Valsa.

Concello de Cangas. Deputación Pontevedra.

2017

ISBN:978-84-15166-68-9

 

Cangas 1617. A defensa da Vila.

VVAA

Concello de Cangas. Deputación Pontevedra.

2018

ISBN:978-84-15166-72-6





Comentarios