
A CHAVE DE CA NN AS Autor: Manuel Pena Rodríguez A SEBE, A CANCELA, A PORTA E A FIESTRA. Todos sabemos que existe unha grande diversidade de actividades humanas mutables e relacionadas cos procesos vitais que teñen lugar nos espazos que habitamos. Pero... Cal é o significado de habitar ? Habitar , en esencia, significa acoutar os procesos vitais nun espazo en nun tempo . A diferentes escalas, e tendo en conta a traxectoria da accesibilidade, as actividades de grupo e as individuais na procura do sustento vital, son realizadas en lugares localizados no espazo e, por tanto, necesitan do desprazamento e da estancia . O desprazamento e a estancia transcorren no tempo e relacionan a mobilidade cos usos do espazo. Este espazo pode ser apropiado e administrado, tanto polo individuo como polo grupo de xeito diverso, dando lugar ás diferentes categorías do mesmo. Os seres ...